Silencio! Que comeza...

Chegou o momento da estrea. Nesta ocasión deberás ensinarlle ao resto do alumnado o traballo realizado.
E como o vas facer?

Chegou o momento da estrea. Nesta ocasión deberás ensinarlle ao resto do alumnado o traballo realizado.
E como o vas facer?

Para a proxección do vídeo debes establecer equipos dentro do teu grupo clase. O número dos equipos serán tantos como representacións se realicen. Cada un dos equipos encargarase dunha presentación do vídeo, unha explicación previa ao visionado, adaptada á idade do público. Pensa que non é o mesmo falar para o alumnado de infantil que para o de 4º de Educación Primaria. É aconsellable que nos grupos haxa representantes das distintas profesións para que a información transmitida sexa máis completa.
Ao final establecerase unha quenda de preguntas na que o público poderá aclarar dúbidas tanto do contido como do proceso de creación realizado.
Fai equipos.
O número de equipos é o número de proxeccións.
Cada equipo debe ter persoas de diferentes profesións.
Escribe unha presentación co teu equipo tendo en conta a idade do público.
Remataches o reto. Chegou o momento de recoller e avaliar o resultado acadado.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0