Remata a aventura
Coa difusión deste proxecto, ensinando o vídeo do reto final, rematou esta aventura. Se fas unha pequena recompilación verás que foi moito o traballado:
- Lembraches a clasificación das voces.
- Entraches nun teatro e coñecemos todos os seus recunchos.
- Achegácheste á ópera, á zarzuela e ao musical.
- Tocaches instrumentos de láminas e a frauta.
- Cantaches.
- E finalmente fuches capaz de plasmar nun vídeo todo o aprendido.
Lectura facilitada
Rematou esta aventura. Neste proxecto aprendiches:
- Os tipos de voces.
- As partes dun teatro.
- O musical, a ópera e a zarzuela.
- Tocaches instrumentos e cantaches.
- Ensinácheslle todo ao resto do colexio.