Saltar navegación

1.1. Isto é un teatro

Antes de entrar

Vas viaxar ata Madrid para coñecer como é un teatro por dentro. Que precisas saber antes de entrar? A asistencia a un teatro ou auditorio require dunhas normas básicas de comportamento que garantan o goce do público e non molesten os intérpretes. Aquí as tes, seguro que xa as coñecías pero é preciso que as repases con moita atención. Preme na imaxe para abrir un documento PDF coas normas.

Normas de comportamento que se deben respectar nun teatro

Lectura facilitada

Vas visitar un teatro.

Hai normas de comportamento para o público.

Repásaas antes da visita.

Preme na imaxe para abrir un documento PDF coas normas.

Normas de comportamento que se deben respectar nun teatro

Apoio visual

Normas de comportamento que se deben respectar nun teatro

A visita

Vas coñecer como é un teatro por dentro. Entra no Teatro Real premendo na imaxe.

Fachada do Teatro Real de Madrid

Traballa en equipo

Vista do escenario do Teatro Real desde o paraíso

Agora que xa entraches no Teatro Real de Madrid e xa coñeces un pouco máis de como é e como funciona un teatro, vas ter que coller o teu caderno de aula e un lapis.

Tenta lembrar todo o que viches no vídeo, comenta en pequeno grupo (4/5 persoas) e escribe cales son as partes dun teatro.

Ánimo, ti podes!

Lectura facilitada

En grupos de 4 ou 5, escribe no teu caderno cales son as partes dun teatro.

Comproba o aprendido

com/watch?v=CiRvwTP9Lgo&list=TLGGTFdfvERPnxswNjEyMjAyNA&t=2s

Imaxe nocturna do exterior do Teatro Real de Madrid

Feito con eXeLearning (Nova xanela)