Este colexio é un teatro
Tes por diante o reto de transformar unha aula nun auténtico teatro e organizar unha estrea nel. E que vas estrear? Un vídeo moi especial, contigo e o resto do grupo como protagonistas, sobre o apaixonante mundo da música dramática. Serás capaz? Por suposto! E, como o vas facer?
É moi doado, terás que seguir os seguintes pasos:
1. Agora xa sabes como é un teatro. Toca coñecer as profesións que hai detrás.
2. Logo traballarás os distintos tipos de música dramática desde a ópera ata o musical, pasando pola zarzuela. Serás intérprete e gravarás diferentes números musicais.
3. Coa música xa gravada, é o momento de estruturar o vídeo engadindo todo o que aprendiches. É importante a claridade da información e que sexa divertido.
4. A estrea! Deberás acondicionar unha aula para convertela nun teatro onde proxectar o vídeo, logo de organizar e anunciar o evento.
Lectura facilitada
Nesta aventura imos traballar o seguinte:
1- Partes do teatro e profesións do teatro.
2- Tipos de música dramática.
3- Elaborar unha guía de todos os elementos tratados.
4- Interpretar algún número dramático.