Saltar navegación

Guionizamos

Equipo de guionistas

Imaxe dunha persoa organizando

Sobre este equipo recae a responsabilidade de estruturar e organizar todo o contido do vídeo.

Que ten que ter o teu vídeo?

  1. Introdución: explicación de para que fixeches este vídeo.
  2. Narración da música dramática e os seus tipos.
  3. Exposición do traballo dos catro equipos explicada polos seus protagonistas.
  4. Interpretacións musicais. Xa están gravadas, de ti depende onde deben aparecer.

Organiza os puntos anteriores e escribe os textos precisos para comunicar ao público. Podes alternar partes musicais con partes narradas para facelo máis dinámico.

Non esquezas deixar un apartado para as tomas falsas, sempre son divertidas!

Lectura facilitada

Debes organizar todo contido do vídeo.

Debe ter:

  • Introdución
  • Música dramática e os seus tipos
  • Explicación dos equipos de traballo
  • Interpretacións musicais intercaladas
  • Tomas falsas

Feito con eXeLearning (Nova xanela)