Glosario
Música instrumental
Definición:
Composición elaborada para ser interpretada por instrumentos.
Exemplo:
A música instrumental axuda a relaxar a mente.
Música vocal
Definición:
Composición musical elaborada para ser cantada, con ou sen instrumentos acompañantes.
Exemplo:
O concerto rematou cunhas pezas de música vocal do século XVI.
Clasificación das voces humanas
Definición:
As voces humanas clasifícanse en dous grandes grupos: voces de home e voces de muller ou neno e nena. Para as voces infantís tamén se emprega o termo "voces brancas".
Exemplo:
A clasificación das voces dun coro é fundamental para o seu coidado e educación.
Voces de home
Definición:
Dentro das voces de home e segundo o seu ámbito sonoro, é dicir, segundo os sons que son capaces de emitir, diferenciamos tres tipos:
Tenor (voz máis aguda)
Barítono (voz intermedia)
Baixo (voz máis grave)
Exemplo:
Enrico Caruso foi un dos tenores máis famosos da historia da música.
Voces de muller e voces brancas
Definición:
Dentro das voces de muller e voces brancas, e segundo o seu ámbito sonoro, é dicir, segundo os sons que son capaces de emitir, diferenciamos tres tipos:
Soprano (voz máis aguda)
Mezzosoprano (voz intermedia)
Contralto (voz máis grave)
Exemplo:
Mañá iremos ao auditorio a un recital de piano e mezzosoprano.