Glosario
Anacruse
Definición:
Trátase dunha nota ou conxunto de notas en pulso débil que preceden ao tempo forte dunha melodía.
Exemplo:
A melodía da canción para felicitar os aniversarios comeza en anacruse.
Interpretación
Definición:
Representación ou execución dunha produción artística.
Exemplo:
Ao final da película emocioneime moito, fixeron unha interpretación xenial.
Libreto
Definición:
É o texto ou letra dunha obra de xénero lírico ou dramático como a ópera ou a zarzuela.
Exemplo:
No libreto de "La verbena de la paloma" pódense ler todos os diálogos e as letras das cancións que se escoitan na obra.
Ostinato
Definición:
Motivo rítmico ou melódico que se repite constantemente para acompañar unha melodía.
Exemplo:
O ostinato rítmico da canción "We will rock you" é tan recoñecible que case identifica á canción por si mesmo.