Para coñecela
Que é?
A zarzuela é un xénero musical e teatral que combina partes faladas, instrumentais, cantadas e bailes. Pódese dicir que é como a suma da música, o teatro e a danza. Esta mestura de artes é algo que a diferencia da ópera, céntrase máis na música. Ten a súa orixe en España, aló polo século XVII.
Historia
As primeiras representacións tiveron lugar no Palacio da Zarzuela (Madrid) e dise que de aí provén o seu nome.
A zarzuela na súa orixe era máis parecida á ópera, pero pouco a pouco foi mudando ata resultar en obras máis curtas, lixeiras e cómicas. Estas novas formas deron lugar ao termo "Xénero chico" (nun só acto).
Na actualidade forma parte importante do patrimonio cultural español e axuda a coñecer como era a vida e a cultura en diferentes épocas da nosa historia. O 30 de xaneiro de 2024 foi declarada Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial.
Características
Mestura música e teatro.
As historias están inspiradas en temas populares e na vida cotiá da xente.
A temática é variada e pode ter un carácter serio ou cómico.
A miúdo empréganse dialectos ou expresións propias de diferentes rexións, un feito que a acerca ao público.
Compositores
Algúns dos compositores máis coñecidos deste xénero son:
Francisco Asenjo Barbieri ("El barberillo de Lavapiés")
Federico Chueca ("Agua, azucarillos y aguardiente")
Tomás Bretón ("La verbena de la Paloma")
Lectura facilitada
A zarzuela é un xénero musical que combina partes cantadas e partes faladas. Naceu no século XVII.
O nome da zarzuela vén do Palacio da Zarzuela.
As súas historias falan da vida cotiá.
A zarzuela forma parte do patrimonio cultural español.
Os compositores máis coñecidos son:
- Francisco Asenjo
- Federico Chueca
- Tomás Bretón

