Saltar navegación

Actividades

Actividades: a linguaxe visual

Agora xa sabedes que na linguaxe visual podedes ter en conta moitos elementos para transmitir as vosas ideas. Cos elementos máis básicos como as formas, cores, texturas, puntos, liñas e planos, experimentade para pasar á acción.

Nas seguintes actividades traballaredes a creatividade, a sensibilidade e a observación da vosa contorna. 

Lectura facilitada

Na linguaxe visual podedes ter en conta moitos elementos para transmitir as vosas ideas.

Cos elementos máis básicos como:

  • As formas.
  • As cores.
  • As texturas.
  • Os puntos.
  • As liñas.
  • Os planos.

Experimentade para pasar á acción.

Nas seguintes actividades traballaredes:

  • A creatividade.
  • A sensibilidade.
  • A observación da vosa contorna. 

Xogade coas formas

Ides traballar en pequenos grupos o mundo das formas:

Instrucións:

  • Debuxade unha serie de formas en distintos materiais: revistas, periódicos, telas, cartón... para traballar coas texturas visuais e táctiles.
  • Recortádeas e pegádeas sobre un papel A4, colocando na parte inferior as formas máis grandes e as que teñan cores cálidas.
  • Na parte superior, colocade as formas de cores frías.
  • Observade e comentade na clase o tipo de formas debuxadas, as siluetas e o contornos.

Creade harmonías

En grupo, ides debuxar diferentes formas en distintas cores e diversos materiais para traballar coas texturas.

Instrucións:

  • Debuxade e recortade as vosas formas orixinais e creativas.
  • Pegádeas nunha cristaleira do instituto, facendo un percorrido en forma de espiral dende as cores cálidas ata as cores frías. 

Percibide texturas

Nesta actividade exploraredes en grupos coas texturas do voso entorno. 

Instrucións:

  • Saíde ao patio para buscar materiais naturais e artificiais.
  • Ordenade os materiais por formas e cores.
  • Creade o voso mandala no chan, mantendo a simetría radial, desde un centro ou punto.
  • Comentade cos vosos compañeiros e compañeiras o traballo realizado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)