Saltar navegación

3.3. A composición visual

 

Glosario

Equilibrio

Imaxe do Red Black Square

Definición:

É a distribución harmoniosa dos elementos dunha composición, de maneira que sexa percibida a estabilidade visual.

Exemplo:

Na imaxe, o cadrado pequeno está no lado oposto do negro para equilibrar a composición. Pero, a pesar de ter menor tamaño, a súa cor vermella ten un maior peso visual que o compensa.

Formato

Imaxe dun formato oval

Definición:

É a forma e dimensións do espazo que se utiliza para facer unha composición visual.

Exemplo:

As máis comúns son as rectangulares, cadradas, circulares e ovaladas.

Peso visual

Imaxe dunha obra supremacista

Definición:

É a capacidade dun elemento para atraer a atención do espectador. Dito peso depende das súas calidades visuais, como son a forma, a cor ou a textura.

Por exemplo, as cores cálidas teñen un maior peso que as frías. As cores saturadas teñen mais peso que os tons pastel.

En canto ás formas, teñen maior peso visual as formas grandes e xeométricas, coma cadrados ou círculos, e tamén as formas complexas.
Os elementos illados tamén posúen un maior peso visual que os agrupados.

Exemplo:

Na imaxe, podes observar como as calidades de cada elemento e a súa distribución no cadro acadan unha composición equilibrada.

Regra dos terzos

Imaxe da regra dos tercios

Definición:

É unha forma de composición na que o cadro está atravesado por dúas liñas imaxinarias horizontais e outras tantas verticais que o dividen en 9 partes, de maneira que a distribución dos elementos principais coincide con ditas liñas ou nos puntos de intersección das mesmas, logrando así unha imaxe máis harmoniosa e equilibrada.

Exemplo:

No cadro, vedes como o horizonte da paisaxe coincide coa liña horizontal inferior. En canto aos outros elementos máis potentes da composición, a árbore queda aliñada coa primeira liña vertical mentres que a lúa está no espazo definido pola outra liña vertical e a horizontal superior. A pesar do maior tamaño da árbore, esta queda equilibrada coa cor cálida e máis intensa da lúa.

Que é?

Obra de KandinskiAgora que xa coñecedes os elementos visuais (punto, liña, plano, forma, cor e textura), é o momento de falar da composición.

Chamamos composición visual á maneira de configurar e distribuír eses elementos coa finalidade de crear unha obra artística, como pode ser un debuxo, ilustración, pintura, colaxe etc.

A palabra "composición" relaciónase a miúdo só coa música. De feito, ás persoas que crean música chamámoslle “compositores”.

Esta é unha boa referencia para explicar a composición visual. Na música, as notas musicais e acordes ordénanse para obter unha melodía determinada. De forma análoga, nas artes plásticas os elementos visuais distribúense en equilibrio e harmonía para obter unha obra artística.

A composición tamén forma parte doutros ámbitos como son a fotografía, o deseño gráfico, o deseño industrial ou a arquitectura.

Lectura facilitada

Agora que coñecedes os elementos visuais (punto, liña, plano, forma, cor e textura), imos falar da composición.

A composición visual é a forma de colocar e organizar eses elementos para crear unha obra artística, como un debuxo, pintura ou colaxe.

A palabra composición tamén a usamos na música.

As persoas que crean música chámanse compositores.

Igual que as notas musicais se colocan para facer unha melodía,

nas artes plásticas, organizamos os elementos visuais para crear unha obra equilibrada e harmoniosa.

A composición tamén é importante:

  • Na fotografía.
  • No deseño gráfico.
  • No deseño industrial.
  • Na arquitectura.

Esquemas compositivos básicos

Simétrico axial

Dous patos nunha imaxe simétrica axialNeste esquema, os elementos sitúanse a ambos lados dun eixo imaxinario, normalmente no centro da obra, creando unha sensación de igualdade e harmonía.

É unha composición que transmite estabilidade e orde.

Simétrico radial

Imaxe que serve como exemplo do simétrico radialOs elementos distribúense equilibradamente arredor dun punto central imaxinario, que adoita estar no centro do cadro.

Este esquema transmite sensación de orde, estabilidade e harmonía, sendo frecuente en mandalas, rosetóns e composicións decorativas.

Diagonal

Figura dunha persoa cunha diagonal

Neste esquema, os elementos principais dispóñense seguindo unha liña diagonal, o que crea unha sensación de dinamismo, tensión e movemento.

É común en obras de arte que transmiten forza ou acción, guiando a mirada do espectador.

Triangular

Alimentos e unha liña vermella que marca o triangular

Neste esquema, os elementos principais dispóñense formando un triángulo, o que proporciona unha sensación de estabilidade e orde.

Este tipo de composición acada unha estrutura visual sólida e equilibrada.

Circular-ovalado

Flores marcadas en formato ovalado

Neste esquema, os elementos agrúpanse formando un círculo ou ovalo, creando unha sensación envolvente e de calma.

Este tipo de composición transmite harmonía e tranquilidade e serenidade.

En forma de L

Árbore e casa en disposición de

Os elementos distribúense formando dúas liñas perpendiculares en forma de letra ele.

Este esquema produce unha sensación de equilibrio e permite destacar unha área baleira do cadro que pode ser empregada coma punto focal para dirixir a mirada a un punto específico.

En cruz

Barco e horizonte en cruz

Os elementos forman dous eixes, un vertical e outro horizontal, atravesados un sobre o outro en ángulo recto.

Este esquema achega estabilidade e forza visual, creando un punto de atención onde cortan os eixes.

Lectura facilitada

Simetría axial

  • Neste esquema, os elementos están a ambos lados dun eixo imaxinario, creando unha sensación de igualdade e harmonía.
  • É unha composición que transmite estabilidade e orde.

Simétrico radial

  • Os elementos distribúense equilibradamente arredor dun punto central imaxinario, no centro do cadro.
  • Este esquema transmite sensación de orde, estabilidade e harmonía.
  • É frecuente en mandalas, rosetóns e composicións decorativas.

Diagonal

  • Neste esquema, os elementos principais dispóñense seguindo unha liña diagonal.
  • Crea unha sensación de dinamismo, tensión e movemento.
  • É común en obras de arte que transmiten forza ou acción, guiando a mirada do espectador.

Triangular

  • Neste esquema, os elementos principais dispóñense formando un triángulo.
  • Proporciona unha sensación de estabilidade e orde.
  • Este tipo de composición acada unha estrutura visual sólida e equilibrada.

Circular-ovalado

  • Neste esquema, os elementos agrúpanse formando un círculo ou ovalo, creando unha sensación envolvente e de calma.
  • Este tipo de composición transmite harmonía e tranquilidade e serenidade.

En forma de L

  • Os elementos distribúense formando dúas liñas perpendiculares en forma de letra ele.
  • Este esquema produce unha sensación de equilibrio.
  • Permite destacar unha área baleira do cadro, que pode ser empregada coma punto focal para dirixir a mirada a un punto específico.

En cruz

  • Os elementos forman dous eixes, un vertical e outro horizontal, atravesados un sobre o outro en ángulo recto.
  • Este esquema achega estabilidade e forza visual, creando un punto de atención onde cortan os eixes.

Exemplos

Torso de muller – Kazimir Malevich (1928-1929)

Cadro de Malevich torso femenino

Nesta obra o artista representa a figura humana cunha linguaxe simplificada e xeométrica. A composición baséase nun esquema triangular, onde o corpo da muller forma unha estrutura estable con forte peso visual na parte inferior, mentres que a cabeza pequena suaviza o conxunto.

O bico - Gustav Klimt (1907-08)

Cadro de O beso de gustav Klit

Esta obra representa unha parella abrazada nunha composición equilibrada e envolvente. A estrutura baséase nun esquema compositivo ovalado, xa que as figuras están integradas nunha forma curva que transmite suavidade e intimidade. O fondo dourado e a decoración detallada reforzan a unidade visual da escena, mentres que o contraste entre as formas rectangulares do home e as circulares da muller engade dinamismo á composición.

Edvard Munch - O grito (1893)

O grito de Edvard Munch

Aquí o pintor emprega unha composición diagonal para reflectir a angustia e a tensión da escena. A liña do horizonte e as formas do ceo e da paisaxe están dispostas en ángulos que guían a mirada do espectador cara ao centro da figura principal. O forte contraste de cores e a distorsión das formas contribúen á sensación de desequilibrio, mentres que a figura humana, cunha gran presenza visual, destaca no conxunto, transmitindo a súa desesperación. A escena está deseñada para crear unha sensación de movemento e caos, acentuando a emoción visceral do personaxe.

James Whistler - Retrato da nai do artista (1891)

Retrato da nai do artista de James Whistler

Neste cadro o artista utiliza un esquema compositivo en "L", onde a figura da nai está disposta de xeito vertical no lado esquerdo do lenzo, creando unha liña recta que se conecta coa cadeira na parte inferior, formando unha "L" ben definida. A simetría e a calidez da figura humana contrastan coa sobriedade do fondo agrisado, creando un equilibrio visual entre a nai e o espazo que a rodea.

A paleta cromática limitada acentúa a serenidade e introspección da escena, facendo que a figura da nai destaque como o centro emocional da obra.

Emparella

Emparellade as seguintes obras artísticas co seu correspondente esquema compositivo.

{"typeGame":"FlipCards","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Emparellade as seguintes obras artísticas co seu correspondente esquema compositivo.

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"resources/Artemisia_Gentileschi_-_Aurora_recortada.jpg","x":0.717872191011236,"y":0.4705010775862069,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Esquema%20diagonal"},{"url":"/previews/_home_nacho_Dropbox_00_IES_Pondal_00_CREAGAL_REA_01_novas_imaxes_1_xullo_2025_La-Gioconda.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Composici%C3%B3n%20triangular"},{"url":"resources/Frida_Kahlo_-_las_dos_Fridas.jpg","x":0.5926084474885844,"y":0.5911907327586207,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Composici%C3%B3n%20sim%C3%A9trica"},{"url":"resources/Mary_Cassatt_-_The_Bath.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Esquema%20ovalado"},{"url":"resources/Dali_-_Muchacha_Sentada.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Esquema%20en%20L"},{"url":"resources/St_Denis_North_a.jpeg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Composici%C3%B3n%20radial"},{"url":"resources/Van_Weyden_-_Descendemento_da_cruz.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Esquema%20en%20cruz"}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":3,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"202521185935-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayAgain":"Xogar outra vez","msgPlayStart":"Preme aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgCool":"Xenial!","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgSuccesses":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto!","msgFailures":"Non era iso! | Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro!","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgPreviousCard":"Anterior","msgNextCard":"Seguinte","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTrue":"Verdadeiro","msgFalse":"Falso","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","mgsAllQuestions":"Preguntas completadas!","msgTrue1":"Correcto. Esa é a carta.","msgTrue2":"Incorrecto. Esa non é a carta.","msgFalse1":"Correcto. Esa non é a carta.","msgFalse2":"Incorrecto. Esa é a carta.","mgsClickCard":"Preme na carta","msgEndTime":"Rematou o tempo do xogo. A túa puntuación é de %s.","msgEnd":"Finalizar","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Cartas de memoria"}}
0123456
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)