Neste curso ides coñecer os distintos xéneros artísticos e aprenderedes a recoñecer os elementos básicos e fundamentais da linguaxe plástica.
Así como as letras conforman as palabras, e as palabras as frases nas linguaxes orais e escritas; os puntos, liñas e planos, xunto coa cor, a luz e a textura, conforman a linguaxe plástica. Segundo como usedes estes elementos, poderedes emocionar, facer pensar e concienciar coas vosas creacións.
Deste xeito, coa vosa propia linguaxe plástica, loitaredes para mudar un dos máis terribles problemas da nosa sociedade: a violencia de xénero.