Saltar navegación

4.4. Mostrades a vosa arte

Exposición no instituto

Galería con diferentes carteisCo gallo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, faredes unha exposición cos vosos carteis. Esta mostra instalarase nun espazo visible do instituto para que todo o centro poida coñecer o voso traballo e reflexionar sobre esta problemática.

Preparade os vosos carteis co maior coidado posible, xa que van ser expostos para que todos poidan apreciar a vosa creatividade e compromiso.

Lectura facilitada

Co gallo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, faredes unha exposición cos vosos carteis.

Esta mostra instalarase nun espazo visible do instituto.

Poderán coñecer o voso traballo e reflexionar sobre esta problemática.

Exposición pública dos carteis

Pictograma de concelloPara dar maior visibilidade á vosa mensaxe contra a violencia de xénero, propoñemos organizar unha exposición pública no voso barrio ou vila. Os carteis poderían exhibirse no centro sociocultural, na casa do concello ou noutro espazo de interese, permitindo así que a veciñanza poida coñecer o voso traballo artístico e reflexionar sobre a importancia da igualdade e o respecto.

Esta actividade é unha oportunidade única para compartir as vosas ideas fóra do ámbito escolar e contribuír a sensibilizar á sociedade. Preparade os carteis co maior esmero posible, xa que o voso traballo será visto por un público máis amplo.

Lectura facilitada

Para dar maior visibilidade á vosa mensaxe contra a violencia de xénero, propoñemos organizar unha exposición pública no voso barrio ou vila.

Os carteis poderían exhibirse:

  • No centro sociocultural.
  • Na casa do concello.
  • Noutro espazo de interese.

A veciñanza poderá coñecer o voso traballo artístico.

Poderán reflexionar sobre a importancia da igualdade e o respecto.

Esta actividade é unha oportunidade única para compartir as vosas ideas fóra do ámbito escolar e contribuír a sensibilizar á sociedade.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)