Saltar navegación

4.3. Implicándovos!

Posta en común

Alumnado en claseChegou o momento de compartir o voso traballo co resto da clase! Cada grupo amosará o seu cartel e explicaredes:

  • A mensaxe que quixestes transmitir.
  • Os elementos visuais que empregastes para captar a atención.
  • O esquema compositivo e os recursos plásticos utilizados.
  • As referencias artísticas que serviron de inspiración, explicando brevemente como influíron no voso deseño.

Intentade ser claros e concisos na vosa exposición, e escoitade con atención as presentacións dos outros grupos.

Lectura facilitada

Chegou o momento de compartir o voso traballo co resto da clase!

Cada grupo amosará o seu cartel e explicaredes:

  • A mensaxe que quixestes transmitir.
  • Os elementos visuais que empregastes para captar a atención.
  • O esquema compositivo e os recursos plásticos utilizados.
  • As referencias artísticas que serviron de inspiración, explicando brevemente como influíron no voso deseño.

Intentade ser claros e concisos na vosa exposición.

Escoitade con atención as presentacións dos outros grupos.

Coavaliación

Pictograma correxirDespois de escoitar todas as presentacións, valoraredes os carteis dos outros grupos. Para iso, en equipo, reflexionade sobre os seguintes aspectos de cada cartel:

  • A claridade e impacto da mensaxe.
  • O uso do formato, o equilibrio e o peso visual.
  • A creatividade e orixinalidade do deseño.

Deberedes completar unha ficha de coavaliación, indicando os puntos fortes de cada cartel e suxerindo posibles melloras. Lembrade facer as valoracións de xeito respectuoso e construtivo, xa que o obxectivo é aprenderdes xuntos.

Lectura facilitada

Despois de escoitar todas as presentacións, valoraredes os carteis dos outros grupos.

En equipo, reflexionade sobre os seguintes aspectos de cada cartel:

  • A claridade e impacto da mensaxe.
  • O uso do formato, o equilibrio e o peso visual.
  • A creatividade e orixinalidade do deseño.

Deberedes completar unha ficha de coavaliación.

Indicade os puntos fortes de cada cartel.

Suxeride posibles melloras.

Lembrade facer as valoracións de xeito respectuoso e construtivo.

Guía de observación

Guía de observación que permite unha coavaliación para os carteisSe queres acceder ao documento en PDF fai clic aquí.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)