Saltar navegación

1.1. A situación de partida

Introdución ao reto

Para comezar, ides ver unha curtametraxe que amosará a terrible testemuña dunha muller que viviu en primeira persoa un caso violencia.

A través da súa historia, poderedes reflexionar sobre a gravidade desta problemática e a importancia de crear un mundo máis igualitario e respectuoso.

Lectura facilitada

Ides ver unha curtametraxe que amosará unha terrible testemuña.

A dunha muller que viviu en primeira persoa este tipo de violencia.

Poderedes reflexionar sobre a gravidade desta problemática.

Tamén sobre importancia de crear un mundo máis igualitario e respectuoso.

Debate

Despois de ver a curtametraxe, comentade en grupo estas cuestións:

  • Que sentistes ao escoitar esta testemuña? Houbo algo que vos impactou especialmente?
  • Que tipos de violencia aparecen na súa historia? Sempre é fácil identificala?
  • Como pensades que afecta ás vítimas vivir esta situación?
  • Por que credes que segue existindo a violencia de xénero?
  • Que podedes facer vós para previr e combater esta problemática?

Ao final, compartide unha conclusión sobre o que aprendestes ou algo que vos fixo reflexionar.

Lectura facilitada

Agora que vistes a curtametraxe, falade en grupo sobre estas preguntas:

  • Como vos fixo sentir esta historia?
  • Houbo algo que vos chamou moito a atención?
  • Que tipos de violencia aparecen?
  • Pensades que sempre é fácil recoñecela?
  • Como credes que se sente unha persoa que vive esta situación?
  • Por que pensades que segue existindo a violencia de xénero?
  • Que podedes facer cada un de vós para evitala?

Ao final, poñédevos de acordo nunha conclusión sobre o que aprendestes ou algo que vos fixo pensar.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)