Saltar navegación

5.3. Valora o teu traballo

A túa participación

Valora a túa participación no reto.
 Foime xenial porque...Fixeno ben porque...Custoume un pouco porque...Debo mellorar porque...
Na comprensión do proxectoEntendín todos os pasos para conseguir o reto final e o seu propósito. (2)Souben o que tiña que facer no reto aínda que non entendín o seu propósito. (1.5)Necesitei axuda para entender o reto e os pasos para acadalo. (1)Aínda que solicitei axuda, non entendín as partes do reto. (0.5)
No traballo en equipoIntegreime ben no grupo, axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. Amosei moita iniciativa e fun parte importante do equipo. (2)Integreime ben no grupo, axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. Acheguei poucas propostas, pero apoiei as propostas dos demais. (1.5)Tiven dificultades para traballar en equipo. Non colaborei co resto do grupo. (1)Non logrei integrarme ben no grupo e rexeitei o traballo. (0.5)
No traballo individualRealicei as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Colaborei coas miñas compañeiras e compañeiros. (2)Realicei as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e fíxenas correctamente. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas e a tempo. (1.5)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían, para algunhas necesitei axuda. Entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade tiveron puntuacións correctas. (1)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían. Ademais, a pesares de ter axuda, os resultados deberían ser mellores. (0.5)
Na elaboración conxunta do cartelParticipei activamente e esforceime para acadar a tarefa con éxito. Axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. (2)Participei activamente e esforceime para acadar a tarefa con éxito. (1.5)Participei na tarefa pero non me esforcei o necesario nalgunhas partes da mesma e saíron mal. Debería implicarme máis. (1)A pesar de participar nalgunhas partes da tarefa, frustreime moito e desistín en realizar ou intentar todas as partes. Debería esforzarme moito máis. (0.5)
Na exposición do traballoTraballei a reo co meu equipo para preparar a exposición conxunta do traballo (elaboración guión e reparto exposición oral). Participei activamente na exposición oral dunha maneira convincente. (2)Colaborei para preparar a exposición e fixen oralmente unha pequena parte do presentación. (1.5)A miña participación para preparar a exposición foi baixa, os meus compañeiros e compañeiras tiveron que traballar máis ca min e/ou non participei na exposición oral. (1)Non participei na preparación da exposición, deixei que as miñas compañeiras e compañeiros fixeran todo o traballo. Debería esforzarme moito máis. (0.5)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Feito con eXeLearning (Nova xanela)