Glosario
Lema
-
Definición:
-
Un lema é unha frase, xeralmente curta, que trata de impulsar unha idea como base dunha actividade, empresa, sociedade etc.
-
Exemplo:
-
Este podería ser o lema dunha escola ou academia que impulse as gañas de aprender do seu alumnado.
Lexibilidade
-
Definición:
-
É a facilidade e claridade con que se pode ler e entender un texto.
-
Exemplo:
-
O lema da esquerda ten unha lexibilidade baixa porque as letras vense borrosas.
Técnica plástica
-
Definición:
-
É o conxunto de procedementos e métodos que usamos para elaborar unha obra plástica, xa sexa un debuxo, unha pintura, unha escultura...
Serían as ferramentas (pinceis, espátulas, punzóns etc.), os medios (óleo, acuarela, témpera etc.) e os modos ou procedementos adecuados de usar ambos.
-
Exemplo:
-
A técnica plástica da colaxe caracterízase por pegar anacos de diferentes tipos de materiais (por exemplo: papeis de xornais, revistas, fotografías...).

É o soporte do cartel, o papel que escollades, e pode ser manipulado con pintura, debuxos etc.
Será a parte principal do cartel, ocupará o maior espazo.
Lema e texto que acompañan a imaxe e reforzan a mensaxe transmitida.
Xa sabedes a importancia de coidar o voso planeta incluso con pequenos xestos!



A violencia contra as mulleres ten lugar en múltiples situacións das que xa falamos ao longo deste reto (celos, control, menosprezo, violencia psicolóxica, violencia física etc.)