Glosario
Chuvia de ideas
-
Definición:
-
Técnica de traballo na que un grupo de persoas ofrece moitas ideas diferentes sobre un tema, sen medo a equivocarse, para finalmente elixir unha ou varias.
-
Exemplo:
-
O alumnado de 1º de ESO ten que gravar una curtametraxe sobre a vida das persoas, para o cal, primeiro fará unha chuvia de ideas sobre os temas que podería tratar.
Desafío
-
Definición:
-
Proba ou reto ao que hai que enfrontarse co obxectivo de superalo, sendo valorado como unha situación ou experiencia difícil e/ou nova.
-
Exemplo:
-
O alumnado de 1º de ESO enfrontará varios desafíos nos que deberá desenvolver a súa creatividade.
Grupo
-
Definición:
-
Conxunto de persoas ou cousas que, polo xeral, están no mesmo lugar.
-
Exemplo:
-
Un grupo de persoas colaborando realizarán un traballo máis completo.
A persoa docente achegará un papel con parte dunha definición relativa á plástica que debedes completar. Despois, debedes atopar ás outras 3 persoas que teñen os 3 anacos que faltan para completala.
Escribide nunha cartolina palabras ou frases curtas que escoitaredes e que relacionedes con situacións de violencia de xénero.
Buscade en Internet ou en libros 3 exemplos de carteis que denuncien algún problema social.
Poñede en común, co resto da clase, as vosas listas de palabras do desafío 1 e as desigualdades detectadas no desafío 3.