Glosario
Ambiente bohemio
-
Definición:
-
Espazo frecuentado por artistas e intelectuais, cunha atmosfera de liberdade creativa e vida despreocupada.
-
Exemplo:
-
Esta pintura mostra o ambiente festivo e aparentemente despreocupado no que vivían os artistas no París de finais do século XIX.
Cartelismo
-
Definición:
-
Arte e técnica de crear carteis con mensaxes visuais de impacto.
-
Exemplo:
-
Na imaxe vemos unha mostra de diferentes tipos de carteis.
Orgánico
-
Definición:
-
Que ten formas e deseños inspirados na natureza, suaves, curvadas e sen rixidez xeométrica.
-
Exemplo:
-
Na imaxe podemos apreciar liñas sinuosas que nos recordan a elementos naturais e non existe simetría.
Minimalista
-
Definición:
-
Estilo sinxelo que usa poucos elementos para transmitir unha idea clara, sen adornos excesivos.
-
Exemplo:
-
Este deseño está formado por poucos elementos claramente recoñecibles, cunha composición que resulta sinxela de entender.
Tipografía
-
Definición:
-
Estilo e deseño das letras que se usan en calquera tipo de texto.
-
Exemplo:
-
O texto que vemos está deseñado para adaptarse a un contorno circular.





_in_all_branches_of_knowledge.jpg)


_corte.jpg)
