En busca do cambio
O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e vós podedes achegar a vosa voz a través da arte! Moitos artistas fixérono antes: aquí podedes ver o graffiti antiviolencia "Flower thrower" do popular Banksy.
Usade todo o aprendido sobre linguaxe visual: elementos, cores, formas, texturas, composición e deseño de carteis para crear un que transmita unha mensaxe clara e de impacto. Xogade coa imaxe e o texto para provocar reflexión e emoción.
Lembrade que a arte pode transformar conciencias e espertar cambios. Expresade as vosas ideas con creatividade e comprometédevos cun mundo sen violencia!
Lectura facilitada
O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Podedes achegar a vosa voz a través da arte!
Aquí podedes ver o graffiti antiviolencia "Flower thrower" do popular Bansky.
Usade todo o que aprendestes sobre linguaxe visual:
- Elementos.
- Cores.
- Formas.
- Texturas.
- Composición.
- Deseño de carteis.
Para crear un cartel que transmita unha mensaxe clara e de impacto.
Xogade coa imaxe e o texto para provocar reflexión e emoción.
Lembrade que a arte pode transformar conciencias e espertar cambios.
Expresade as vosas ideas con creatividade.
Comprometédevos cun mundo sen violencia!