Glosario
Obra pictórica
Definición:
-
É unha pintura, unha obra de arte que se pode facer en diversos soportes.
-
Exemplo:
-
Kandinsky fixo un estudo da cor nesta obra pictórica.
Definición:
É unha pintura, unha obra de arte que se pode facer en diversos soportes.
Exemplo:
Kandinsky fixo un estudo da cor nesta obra pictórica.
A linguaxe visual é o sistema de comunicación que se emprega na creación de mensaxes visuais mediante imaxes. É a linguaxe que se desenvolve no noso cerebro, no proceso de interpretar o que se percibe a través dos ollos.
A linguaxe visual é o sistema de comunicación que se emprega na creación de mensaxes visuais mediante imaxes.
É a linguaxe que se desenvolve no noso cerebro, no proceso de interpretar o que percibimos a través dos ollos.
A continuación, ides ver os diferentes tipos de elementos:

É un elemento gráfico indivisible, a unidade mínima de comunicación visual. Pode ter diferentes formas e cores e pode concentrarse ou dispersarse creando sensación de volume.

É un elemento gráfico que xorde dun punto en movemento. As liñas poden se rectas, curvas, quebradas, onduladas, mixtas, abertas ou pechadas. Poden ter diferentes formas e dimensións en función do seu trazo: groso, fino, continuo ou descontinuo. Coas liñas podemos debuxar, sombrear e colorear creando formas.
É unha superficie de dúas dimensións, unha forma limitada mediante un contorno. Pode haber planos xeométricos, de formas regulares (triángulos, cadrados, círculos etc) e planos orgánicos de formas libres e irregulares. O plano constrúe formas e imaxes, e pode ter unha gran capacidade expresiva.
É a propiedade dunha imaxe ou dun obxecto que define o seu aspecto. Os recursos básicos que se empregan para representar as formas son o contorno, a silueta e o dintorno.
O contorno é a liña que delimita o exterior da forma.
A silueta é a forma representada mediante unha soa cor. Destaca o esencial e pode imitar o efecto de contraluz.
O dintorno son todas as liñas, cores e texturas que configuran o interior dunha forma. O dintorno pode imitar a realidade ou ser irreal e imaxinario.

As formas poden ser:



A cor é unha interpretación do voso cerebro ante determinados estímulos do exterior, e depende da luz coa que se observe.
Percibimos as cores grazas ao proceso de absorción e reflexión da luz que incide sobre elas. Por exemplo, nun ambiente de luz branca, se vemos un obxecto de cor vermella é porque a súa superficie absorbe todas as lonxitudes de onda da luz branca, excepto a luz vermella que a reflicte.
Hai dous tipos de cor:
Sabías que as cores transmiten sensacións e emocións?
A gama de cores cálidas transmiten alegría, movemento e vitalidade, e achéganse ao espectador. Estas cores van desde o verde claro, amarelo, laranxa, vermello e marrón ata o maxenta.
A gama de cores frías transmiten calma e profundidade, afástanse do espectador. Estas cores van desde o verde escuro e os azuis ata os violetas.
No círculo cromático podemos ordenar as cores primarias e secundarias e ver as harmonías de cores afíns e complementarias.
As cores afíns son as cores que se atopan próximas entre si no círculo cromático.
As cores complementarias son as parellas de cores que se atopan opostas no círculo cromático.
As cores neutras son o branco, negro e os grises.
Na cor hai dúas calidades importantes:
É a calidade visual e táctil das superficies que nos rodean. As superficies poden ser lisas, rugosas, ásperas, suaves etc...
Hai texturas naturais, xeradas na natureza e artificiais, creadas polas persoas.
Hai texturas visuais, imaxes planas bidimensionais e táctiles, que se perciben a través do tacto, tridimensionais.

A continuación ides ver os diferentes tipos de elementos:
Elemento indivisible, a unidade mínima de comunicación visual.
Elemento que xorde dun punto en movemento. As liñas poden ser rectas, curvas, quebradas, onduladas, mixtas, abertas ou pechadas.
Superficie de dúas dimensións, unha forma limitada mediante un contorno. Pode haber planos xeométricos (triángulos, cadrados, círculos...) e planos orgánicos con formas libres.
Propiedade que define o aspecto dunha imaxe ou obxecto. As formas poden ser representadas mediante o seu contorno, a silueta e o dintorno.
Contorna: liña que delimita o exterior da forma.
Silueta: forma representada mediante unha soa cor.
Dintorno: todas as liñas, cores e texturas que configuran o interior da forma.
As formas poden ser:



Interpretación do cerebro ante os estímulos do exterior. Depende da luz coa que se observe.
Hai dous tipos de cor:
Sabías que as cores transmiten sensacións e emocións?
A cores cálidas transmiten alegría, movemento e vitalidade. Estas cores van desde o verde claro, amarelo, laranxa, vermello e marrón ata o maxenta.
As cores frías transmiten calma e profundidade, afástanse do espectador. Estas cores van desde o verde escuro e os azuis ata os violetas.
As cores afíns son as cores que se atopan próximas entre si no círculo cromático.
As cores complementarias son as parellas de cores que se atopan opostas no círculo cromático.
As cores neutras son o branco, negro e os grises.
Na cor hai dúas calidades importantes:
Calidade visual e táctil das superficies que nos rodean. As superficies poden ser lisas, rugosas, ásperas, suaves etc...
Hai diferentes tipos de texturas:

En grupos de 4 ides traballar coa obra pictórica dunha muller artista ao longo da historia.
Identificade todos os elementos da linguaxe visual que aparecen na imaxe: puntos, liñas, planos, tipos de formas, cores e texturas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 3.0