Saltar navegación

2. Que pasa na vosa contorna?

Grupo de persoas falando sobre o que pasa na súa contorna

Agora que xa sabedes o problema formulado, que sucede na vosa contorna? Existe violencia de xénero?

Pensade que a violencia de xénero abrangue moitas situacións, non é só cando alguén asasina ou manca a outra persoa polo feito de sentir que é superior, dono dela etc. A violencia comeza xa nos celos e no control da parella. Ides analizar o que pasa ao redor e sobre todo como percibe a xente que vos rodea o que é violencia e o que non.

Comenzaredes achegando as vosas ideas... e talvez teñades a dúbida: ideas sobre que? Pois sobre a violencia de xénero e sobre as características que debe ter un bo cartel. Cal será a súa finalidade?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)