Saltar navegación

1.4. Tedes un plan

Paso a paso

Como acabades de ver, seredes quen de usar a vosa arte para unha causa xusta. A receita será sinxela: só teredes que mesturar a vosa creatividade, os contidos sobre a linguaxe visual e as regras de composición que aprenderedes, cun chisco sobre a historia dos carteis.

Como levaredes o voso plan a cabo?

Paso 1

Creade os grupos e parade a pensar: que pasa na vosa contorna? Como afecta o problema da violencia de xénero ás persoas que coñecedes e mesmo a vós? Que opinións hai ao respecto? Farédelo mediante unha chuvia de ideas na que participará toda a clase.

Paso 2

Comprobaredes canto sabedes xa sobre linguaxe visual e composición, completando unha serie de probas en liña.

Paso 3 

Aprenderedes que é a linguaxe visual, para que serve e os seus elementos. Tamén sobre composición e os tipos que existen. Logo, poñeredes en práctica o aprendido mediante actividades en grupo e individuais.

Paso 4

Neste intre xa seredes uns expertos e expertas da linguaxe visual e a composición; toca agora recoñecer e analizar diferentes tipos de carteis.

Paso 5

Por fin, chega o momento de poñer en práctica todo o aprendido nesta unidade: crearedes en grupo os vosos propios carteis reivindicativos para a celebración do 25N. Mediante creativos deseños, alzaredes a vosa voz contra a violencia de xénero.

Paso 6

É o momento de amosar as vosas creacións: expoñeredes conxuntamente os vosos carteis e analizaredes os resultados do traballo realizado. Tamén prepararedes unha mostra pública dos carteis na vosa contorna, para que todo o mundo admire a vosa arte!

Lectura facilitada

Seredes quen de usar a vosa arte para unha causa xusta. 

Como levaredes o voso plan a cabo?

Paso 1

Creade os grupos.

Preguntádevos:

  • Que pasa na vosa contorna?
  • Como afecta o problema da violencia de xénero ás persoas que vos rodean e mesmo a vos?
  • Que opinións hai ao respecto?

Farédelo mediante unha chuvia de ideas na que participará toda a clase.

Paso 2

Comprobaredes canto sabedes xa sobre linguaxe visual e composición,

completando unha serie de probas en liña.

Paso 3 

Aprenderedes que é a linguaxe visual, para que serve e os seus elementos.

Tamén sobre composición e os tipos que existen.

Logo, poñeredes en práctica o aprendido mediante actividades en grupo e individuais.

Paso 4

Neste intre xa seredes uns expertos e expertas da linguaxe visual e a composición.

Toca agora recoñecer e analizar diferentes tipos de carteis.

Paso 5

Por fin chega o momento de poñer en práctica todo o aprendido nesta unidade:

Crearedes en grupo os vosos propios carteis reivindicativos para a celebración do 25N.

Mediante creativos colaxes, alzaredes a vosa voz contra a violencia de xénero.

Paso 6

É o momento de amosar as vosas creacións: 

  • Expoñeredes conxuntamente os vosos carteis.
  • Analizaredes os resultados do traballo realizado.
  • Prepararedes unha mostra pública dos carteis na vosa contorna, para que todo o mundo admire a vosa arte!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)