O voso diario

Non podía rematar esta situación de aprendizaxe sen facer a vosa reflexión final. Tedes que cubrir a fase 5 do voso diario.
Nesta fase, descubristes as opinións do resto sobre o voso cartel e os resultados do mesmo, tamén como valorastes o traballo propio. Agora é o momento de reflectir no diario esta derradeira valoración.
Se mirades cara atrás, veredes como fostes quen de acadar o reto aplicando novos coñecementos e aprendizaxes. Pensade en como iniciastes o camiño dende o comezo e os resultados finais. Nun futuro, gracias a esta reflexión, poderedes adaptarvos mellor a novas situacións de aprendizaxe diferentes.
Se non tedes o diario de aprendizaxe, podedes ver o documento dende esta ligazón
Lectura facilitada
Tedes que cubrir a fase 5 do voso diario.
Nesta fase, descubristes as opinións do resto sobre o voso cartel.
Tamén como valorastes o traballo propio.
Agora é o momento de reflectir no diario sobre esta derradeira valoración.
Pensade sobre como iniciastes o camiño dende o comezo e os resultados finais.
Nun futuro, gracias a esta reflexión poderedes, adaptarvos mellor a novas situacións de aprendizaxe diferentes.
Podedes ver o documento dende esta ligazón.