Creamos unha criatura capaz de reaccionar a estímulos
Agora que xa sabes en que consiste a función de relación, montarás e crearás xunto ao teu equipo unha criatura capaz de reaccionar a un estímulo.
Para iso necesitaredes a caixa Nezha como a que podes ver na seguinte imaxe:
Nesta caixa atoparás o seguinte material, necesario para crear o voso robot:
• Placa de expansión Nezha × 1
• micro: bit × 1
• Servo de 360 ° × 1
• Sonar: bit × 1
• Cable RJ11 × 1
Comezamos a construír seguindo os pasos das imaxes que hai a continuación:
Lectura facilitada
Co teu equipo montarás unha criatura que reaccione a un estímulo.
Para iso necesitaredes a caixa Nezha.
Nesta caixa debedes coller o seguinte material:
• Placa de expansión Nezha × 1
• micro: bit × 1
• Servo de 360 ° × 1
• Sonar: bit × 1
• Cable RJ11 × 1
Segue os pasos das imaxes para construír o robot.





