Saltar navegación

3.1. Desafía os teus sentidos

 

Glosario

Medio

Pictograma no que se representa un paxaro, unha flor, unha montaña e un lago, como símbolo de medio ambiente

Definición:

Conxunto de condicións ou circunstancias que inflúen no desenvolvemento dun ser vivo: o lugar onde habita, os seres cos que trata, as actividades que realiza...

Exemplo:

Os animais adáptanse ao medio no que viven.

Visual thinking

Pictograma no que se representa a unha persoa debuxando nun folio

Definición:

Emprego de elementos gráficos como imaxes, debuxos ou símbolos para expresar ideas, facilitando a asimilación e adquisición de conceptos.

Exemplo:

O mestre fixo un visual thinking para explicar o sentido da vista.

Os sentidos

Nos primeiros momentos de vida unha das tarefas máis importantes é aprender a relacionarse co medio no que habitas.

Franki necesita aprender a interpretar a información que lle ofrecen os seus sentidos para poder moverse e reaccionar ante os estímulos externos.

Poderías dicir cantos sentidos puxo en marcha Franki nesta escena?

A continuación traballarás en profundidade cada un dos cinco sentidos e o seu funcionamento, para despois rematar facendo un desafío que consistirá na elaboración, co teu equipo, dun Visual Thinking sobre o sentido que indique o teu mestre.

Lectura facilitada

Franki necesita aprender a moverse e reaccionar a os estímulos que entran a través dos sentidos.

Poderías dicir cantos sentidos puxo en marcha Franki nesta escena?

Traballarás cada un dos cinco sentidos e o seu funcionamento.

Despois farás co teu equipo un Visual Thinking sobre o sentido que indique o teu mestre.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)