3, 2, 1 ... en antena!
Agora que xa temos todas as pezas armadas, que ao igual que o Dr. Frankestein, logramos infundir vida (ou polo menos imitarlle), chega o momento de comunicar os resultados do noso traballo.
Xunto ao teu equipo elaboraredes o discurso que defenderedes na exposición final do traballo.
Para iso, debedes seguir o seguintes pasos:
1º
Chuvia de ideas
Poñede en común todas as ideas do grupo e recompilade todas aquelas que vos sirvan para explicar o que aprendestes.
Debedes facer fincapé na explicación da relación que hai entre o sentido que traballastes previamente e o aparello locomotor xunto co sistema nervioso.
2º
Ordenade as ideas
Indicade que queredes contar antes e que despois.
3º
Redactade os parágrafos

Escribide o que ides contar en diferentes parágrafos desenvolvendo un pouco cada unha das ideas anteriormente seleccionadas.
4º
Revisade a coherencia
Prestade especial atención á coherencia entre uns parágrafos e outros, é dicir, que o texto teña sentido e non presente contradicións. Para iso, é necesario empregar ben os conectores no voso discurso.
5º
Repartide o texto
Establecede o que vai dicir cada un de vós e ensaiádeo unhas cantas veces antes de expoñelo. Prestade atención á linguaxe corporal (a nosa postura corporal, como movemos as mans ao explicarnos, se temos que sinalar algunha parte ou mostrar algún debuxo, entre outros).
Lectura facilitada
Agora xa temos todas as pezas do noso reto.
Igual que o Dr. Frankestein coa súa criatura.
Chega o momento de comunicar os resultados do noso traballo.
Elaboraredes o voso discurso en equipo.
Será o que contedes ao resto de compañeiros.
Para iso, debedes seguir estes pasos:
1 - Chuvia de ideas.
Poñede en común todas as ideas do grupo.
Recompilade todas aquelas que vos sirvan para contar o que aprendéchedes.
Lembrade explicar a relación entre o sentido, o aparello locomotor e o sistema nervioso.
2 - Ordenade as ideas.
Indicade que queredes contar antes e que despois.
3 - Redactade os parágrafos.
Escribide o que ides a contar en diferentes parágrafos.
Desenvolvede cada unha das ideas anteriormente seleccionadas.
4 - Revisade a coherencia.
Fixádevos que os parágrafos sexan coherentes.
É dicir, que o texto teña sentido.
Evitade que o texto teña ideas contraditorias.
Empregade ben os conectores no voso discurso.
5 - Repartide o texto.
Establecede o que vai a dicir cada un de vós.
Ensaiádeo unhas cantas veces antes de expoñelo.
Prestade atención á linguaxe corporal.
Por exemplo: ao movemento das mans ao explicarnos.