Glosario
Paneis informativos
-
Definición:
-
Superficie plana que serve de soporte para presentar información, propaganda...
-
Exemplo:
-
Coloca no panel informativo o horario do centro escolar.
Definición:
Superficie plana que serve de soporte para presentar información, propaganda...
Exemplo:
Coloca no panel informativo o horario do centro escolar.
É hora de xuntar todas as pezas e compoñer a nosa criatura final!
Para iso, debes seguir os pasos que se amosan a continuación:
Coloca o Visual Thinking que elaboraches co teu equipo nos paneis informativos xunto aos outros grupos. A suma dos diferentes traballos completará a información toda sobre os sentidos e o seu funcionamento.
Por un lado, no segundo desafío, montaches xunto ao teu equipo unha man articulada, e no terceiro desafío, usando a robótica, montaches unha peza que reacciona a diferentes estímulos, como o fai o corpo humano a través dos sentidos.
Chega o momento de unir estas dúas creacións. Reúnete co teu equipo e buscade a maneira de conectar estas dúas pezas.
Trátase de que o desprazamento do robot provoque o movemento dun dedo da man.
Poñede a proba á vosa criatura, sometédea a diferentes tipos de estímulos e comprobade que reacciona como estaba previsto.
É hora de montar a nosa criatura final!
Para iso, debes seguir os pasos que se amosan a continuación:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0