Saltar navegación

3.2. Desafía o teu esqueleto

O aparello locomotor

O doutor Víctor Frankenstein sabía que tiña que dotar á criatura cos cinco sentidos se quería que esta vivise. Do mesmo xeito, tivo que pensar noutros elementos que permitisen o seu movemento.

               

Frankenstein cos ósos do brazo rotos

A continuación traballarás en profundidade o aparato locomotor, esqueleto e músculos, para despois rematar facendo un desafío que consistirá na elaboración, co teu equipo, dunha man articulada para a nosa criatura.

Ademais dos teus ollos, abre ben as túas orellas e escoita toda a información que che vai facer falta para poder, ao final, completar esta parte do desafío.

Lectura facilitada

O doutor Víctor Frankenstein desenvolveu os cinco sentidos na súa criatura.

Tamén pensou no seu movemento.

A continuación, traballarás o aparato locomotor, o esqueleto e os músculos.

Co teu equipo elaborarás unha man articulada para a nosa criatura.

Realiza unha escoita de toda a información dos sons.

Abre ben as túas orellas para completar o desafío.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)