Completa o teu diario de aprendizaxe

Unha vez rematada esta Fase 4, tócache cubrir os apartados da mesma no teu diario de aprendizaxe.
Nesas páxinas é importante que reflexiones sobre o que supón a realización dun produto final para o cal necesitaches poñer en práctica diferentes habilidades.
Rexistra os teus pensamentos e ideas no diario. Xa coñeces a importancia de relacionar os contidos que xa sabes cos que estás a aprender. Isto facilitará o teu proceso de aprendizaxe.