A Criatura
No ano 1816 un volcán deixa a Europa sen verán. O mal tempo facía difícil as actividades ao aire libre por iso, a xente pasaba os días na casa.
Non había máis opcións ca ler... e escribir.
Así é como, a modo de xogo, a un grupo de amigos ocórreselles a idea de facer un concurso de relatos de medo, nacendo deste xeito personaxes como Drácula ou Frankenstein.
Este último é un ser construído con partes doutros corpos onde o importante era dotalo de vida, pero... que é un ser vivo?
Serás quen de, a partir do coñecemento das funcións vitais, crear o teu propio monstro?

Lectura facilitada
O verán de 1816 fixo moi mal tempo.
A xente pasaba os días encerrada na casa.
A xente lía e escribía para entreterse.
Un grupo de amigos fixo un concurso de contos de medo.
Inventaron as personaxes de Drácula e Frankenstein.
Frankenstein creouse con partes doutros corpos.
Conseguiron que vivise.
Que é un ser vivo?
Poderás crear o teu propio monstro?
Audio
Por onde imos comezar?
Para que a nosa criatura sexa considerada un ser vivo ten que cumprir as funcións vitais. Neste reto traballaremos unha delas: a función de relación.
Para darlle vida ao noso particular Frankenstein atenderemos a:
- Relación co medio.
- Mobilidade.
- Sistema nervioso.
Lectura facilitada
Un ser vivo ten que cumprir as funcións vitais.
Neste reto traballaremos a función de relación.
Para que Frankenstein viva atenderemos a:
- Relación co medio.
- Mobilidade.
- Sistema nervioso.