Permite determinar o grao de adquisición dun coñecemento, habilidade ou destreza mediante unha escala numérica ou na que se indique un nivel de desempeño concreto.
Exemplo:
A mestra explicounos en que consistía a escala de valoración para puntuar o noso traballo.
Luces, cámara y acción!
Chegou o momento de compartir e comunicar todo o que agora sabes. Dedica cinco minutos para revisar os últimos retoques do reto e as frases estelares do voso discurso.
Realizaredes a exposición por quendas, e mentres os compañeiros expoñen, cubriredes a valoración da súa actuación, na escala que atoparedes máis abaixo.
Pon os cinco sentidos, deixa os nervios fóra e en marcha!