Completa o teu diario de aprendizaxe

Unha vez rematada esta Fase 1, tócache cubrir os apartados da mesma no teu diario de aprendizaxe.
Achegácheste a clásicos da literatura universal a través de imaxes, vídeos e anacos de textos orixinais. Atrévete a seguir descubrindo! Nesas páxinas é importante que reflexiones sobre o que supón asumir un ou outro papel nunha historia concreta, e que todos os personaxes achegan as súas luces e as súas sombras.
Anotar os teus pensamentos e ideas no diario, axudarate a coñecer a maneira na que aprendes, e así ser quen te ir mellorando.