Saltar navegación

5.1. Actividade individual

 

Glosario

Dossier

Pictograma dunha carpeta na que se gardan os traballos

Definición:

Conxunto de traballos ou documentos que se gardan xuntos.

Exemplo:

Elaboramos un dossier con toda a información sobre o corpo humano.

Párate un momento para ver todo o que aprendiches

É o momento de pararnos a pensar en todos os contidos adquiridos ao longo deste proxecto.

De xeito individual, deberás tentar cubrir o seguinte dossier no que se realiza unha recompilación de todo o aprendido.

Imaxe dun mapa mental que debe cubrir o alumnado para repasar os contidos traballados

Accede ao recurso: Mapa mental.

Lectura facilitada

Son moitos os contidos adquiridos ao longo deste proxecto.

Debes cubrir o seguinte dossier de forma individual.

Este dossier contén actividades de repaso dos contidos.

E ti, como aprendes?

Durante a Fase 3 estiveches recibindo información a través dos teus sentidos e por medio destas tres canles:

Pictograma que representa o inicio dunha película

Vídeo

Pictograma dun altavoz

Son

Pictograma que mostra unha folla de texto escrito

Texto

  • Aprendiches nos vídeos utilizando a túa vista.
  • Escoitando as audicións a información entrouche polo oído.
  • Traballaches a comprensión de textos a través dos boletíns informativos.

Agora, dedícalle uns minutos a reflexionar sobre a seguinte cuestión: a través de que canle che resultou máis doado aprender?

Lectura facilitada

Na Fase 3 recibiches a información a través dos teus sentidos.

A información presentouse en tres tipos de canles: audio, vídeo e texto.

  • Empregaches o sentido da vista para os vídeos.
  • Empregaches o sentido do oído para os sons.
  • Traballaches a comprensión de textos a través dos boletíns informativos.

Agora, dedícalle uns minutos a reflexionar sobre a seguinte cuestión:

A través de que canle che resultou máis doado aprender?

Resumo do aprendido

A continuación móstrase un resumo de todo o que aprendiches ao longo desta situación de aprendizaxe:

Infografía de resumo de todo o aprendido na situación de aprendizaxe

Feito con eXeLearning (Nova xanela)