Saltar navegación

Desafío

Adiante co desafío

Agora enfrontaraste ao desafío de elaborar un Visual Thinking co teu equipo. O teu mestre asignaravos un dos sentidos estudados a cada un dos grupos.

Deberedes representar toda a información sobre o sentido e o seu funcionamento nunha cartolina de tamaño A3, utilizando debuxos, imaxes e símbolos que nos axuden a comprender os aspectos máis importantes do mesmo.Debuxo da cabeza de Frankenstein

Deberá conter o órgano e as súas partes, explicar como funciona e tips para o seu coidado.

Podes volver a revisar a información sobre o sentido explicado en apartados anteriores.

Lectura facilitada

Realizarás un Visual Thinking co teu equipo.

O teu mestre mandarache un dos sentidos traballados.

Representade toda a información sobre o sentido e o seu funcionamento.

Usaredes unha cartolina de tamaño A3.

Podedes empregar debuxos, imaxes e símbolos.

Deberá conter o órgano e as súas partes, explicar como funciona e tips para o seu coidado.

Podes volver a revisar a información sobre o sentido.

Como se fai un Visual Thinking?

Para elaborar un Visual thinking temos en conta os seguintes pasos:

1º Ordena as ideas principais do contido que ides transmitir (a explicación do sentido que vos asignou o voso mestre).

2º Selecciona as imaxes, debuxos e símbolos que ides a incluír (frechas, viñetas, barras, globos...).

3º Recorda que deben distribuírse de forma ordenada e clara sen que se vexa un exceso de imaxes que nos leven á confusión.

4º Utiliza diversas cores para diferenciar as ideas.

Fai clic no seguinte enlace se precisas ver algúns exemplos.

Exemplos de Visual Thinking

Lectura facilitada

Para elaborar un Visual thinking temos en conta os seguintes pasos:

1º Ordena as ideas principais do contido que ides transmitir.

2º Selecciona as imaxes, debuxos e símbolos.

3º Coloca a información de maneira ordenada e clara. Non abuses das imaxes.

4º Utiliza diversas cores para diferenciar as ideas.

Fai clic no enlace se precisas ver algúns exemplos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)