Saltar navegación

Desafío

A man de Frankenstein

Chega o momento de poñer a proba os teus coñecementos.Debuxo da man de Frankenstein

Ti e máis o teu equipo tedes o desafío de crear unha man e poñela en movemento como fixo o Dr. Frankenstein coa súa criatura.

Nesta ocasión dous dos equipos realizarán unha man articulada con xiringas e os outros dous unha man articulada con fíos.

Desprega o desafío que lle tocou ao teu equipo e poñédevos mans á obra!

Man articulada con xiringas

Reúnete co teu equipo, recompilade os materias necesarios e seguide os pasos do videotitorial.

Materiais necesarios:

  • Pistola de silicona e tubos de carga
  • 5 xiringas de 5 ml e 5 de 3 ml
  • Mangueira de plástico
  • Tres pregaduras de cartón
  • Colorante
  • Fío, agulla e tesoiras

Man articulada con fíos

Reúnete co teu equipo, recompilade os materias necesarios e seguide os pasos do videotitorial.

Materiais necesarios:

  • 1 cartolina
  • Palliñas
  • Lapis, goma e tesoiras
  • Pistola de silicona e tubos de carga

Lectura facilitada

Chega o momento de aplicar os teus coñecementos.

Tedes o desafío de crear unha man e poñela en movemento.

Igual que o Dr. Frankenstein fixo coa súa criatura.

Nesta ocasión imos realizar dous tipos de man:

  • Dous equipos realizarán unha man articulada con xiringas.
  • Dous equipos realizarán unha man articulada con fíos.

Poñédevos mans á obra!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)