A vista
… o ollo humano capta imaxes cunha calidade 20 veces superior á do teu teléfono móbil?
Isto é, capta imaxes cunha definición de 576 megapíxeis.
O oído
... cando durmimos os nosos oídos seguen activos debido a un mecanismo de defensa que nos axuda a permanecer alerta?
É o cerebro o que se encarga de inhibir os sons máis cotiáns e soamente espertamos se se produce algún son distinto ao que adoitamos estar habituados.
O olfacto
... o olfacto é o primeiro sentido que se desenvolve?
Os bebés ao nacer xa gozan dun olfacto completamente formado e funcional.
O gusto
... o 25 % das persoas son «supertasters»?
Son persoas que teñen 100 veces máis papilas gustativas que a persoa media. O que para unha boca pode ser unha especia suave para o seu compañeiro de cea pode significar unha sobrecarga de sabor.
O tacto
... hoxe en día podemos atopar «escondido» o braille en diferentes obxectos da vida diaria (aínda que non son suficientes)?
Por exemplo: os envases dos medicamentos, certos produtos de limpeza, alimentación, carteleria, nos ascensores…
Os ósos
... cando un bebé nace, o seu esqueleto pode conter máis de 300 ósos, pero a medida que crecen algúns deles vanse fundindo entre si, deixando paso á cifra definitiva de 206 ósos.
Os músculos
... durante a noite, mentres temos o sono profundo, os músculos reláxanse, o fluxo sanguíneo aumenta e os tecidos crecen e se reparan, así que se realizas algunha actividade física na que desexes aumentar o ton muscular debes descansar e ter un sono profundo para que os músculos aumenten o seu tamaño.
O sistema nervioso
… hai máis neuronas nun ser humano que seres humanos na Terra?
Estas poden morrer polo abuso do tempo fronte ás pantallas, polo consumo excesivo de azucres, sedentarismo e malos hábitos de sono.
Botando a conta... cantas che quedan?