O libro de Frankenstein ou o moderno Prometeo foi nun principio de autor anónimo.
Heteroxéneo
Definición:
Que está formado por elementos moi diferentes.
Exemplo:
O mestre mandounos formar grupos heteroxéneos de estudantes con distintas habilidades.
Coñecemos un pouquiño máis ao noso monstro
Mary Shelley é a autora da novela "Frankenstein, ou o moderno Prometeo".
Neste libro nárrase a historia dun estudante de ciencias naturais chamado Víctor Frankenstein, que logra dar vida a un ser creado por el mesmo a partir de partes de corpos sen vida de persoas e animais.
Lectura facilitada
Mary Shelley é a autora da novela "Frankenstein, ou o moderno Prometeo".
O libro conta a historia de Víctor Frankenstein.
Víctor Frankenstein é un estudante de ciencias naturais.
Víctor Frankenstein quere crear un monstro.
Víctor Frankenstein monta o monstro con partes doutros corpos.
Víctor Frankenstein consegue que o monstro viva.
Audio
Antes de comezar...
Antes de comezar co traballo, é interesante reflexionar e contestar algunhas preguntas sobre esta historia.
Propoñémosvos realizar a técnica 1-2-4 para dar resposta á seguinte pregunta:
Que cres que pasaría se nun primeiro momento a autora publicase a obra co seu nome en vez de facelo de xeito anónimo?
Lectura facilitada
Realiza a técnica cooperativa 1-2-4.
Respondede á seguinte pregunta:
Por que Mary Shelley non puxo o seu nome no libro?
Audio
Técnica: 1-2-4
⇨ O teu mestre organizaravos en grupos heteroxéneos e expoñeravos a pregunta que debedes contestar.
⇨ Individualmente, cada un de vós tentaredes dar resposta a dita pregunta.
⇨ Despois diso, poñeredes en común as ideas coa parella que tendes ao voso carón dentro do equipo, tratando de formular unha única resposta.
⇨ A continuación, contrastaredes as vosas respostas co resto do equipo, buscando a resposta máis axeitada.
⇨ Finalmente, o mestre elixirá a un alumno/a de cada grupo como portavoz para que expoña a resposta do seu equipo en representación de todos.
Lectura facilitada
⇨ O teu mestre formará equipos.
⇨ O teu mestre fará a pregunta.
⇨ Primeiro ti solo contesta a pregunta.
⇨ Despois, comparte a túa resposta coa túa parella.