Niveis de organización celular
Le a seguinte noticia para coñecer os diferentes niveis de organización celular.
Para levar a cabo esta actividade realizarás a técnica de lectura compartida, desprega o botón para coñecer en que consiste.
Lectura facilitada
Le a seguinte noticia.
Coñecerás os diferentes niveis de organización celular.
Emprega a técnica de lectura compartida.
Desprega o botón para coñecer en que consiste.
Audio
Técnica: Lectura compartida
Esta técnica cooperativa axudarache a realizar unha lectura máis comprensiva. Realizarase por quendas, nas que cada grupo se centrará nun fragmento do texto que deberán ler e resumir en voz alta.
Pasos a seguir:
⇨ O alumno 1 do grupo procederá a ler o primeiro fragmento do texto.
⇨ O alumno 2 deberá resumir brevemente o que o seu compañeiro acaba de ler.
⇨ O alumno 3 terá que resumir iso nunha oración.
⇨ O alumno 4 resumirá o contido nunha palabra clave.
Agora tócalle a quenda ao seguinte grupo, que deberá realizar estes mesmos pasos co seguinte fragmento do texto.
Lectura facilitada
Con esta técnica cooperativa entenderás mellor o texto.
Realizarase por quendas.
Pasos a seguir:
- O alumno 1 do grupo lerá o primeiro fragmento do texto.
- O alumno 2 resumirá brevemente o que o seu compañeiro acaba de ler.
- O alumno 3 resumirá iso nunha oración.
- O alumno 4 resumirá o contido nunha palabra clave.
Agora tócalle a quenda ao seguinte grupo.
Este realizará estes mesmos pasos co seguinte fragmento do texto.
Accede ao recurso: Boletín informativo: a célula.
