Miniexperiencia 3: Termorregulación
Imos comprobar en que consiste a capacidade de termorregulación da auga. Para iso, seguimos estes pasos:
- Enchemos un globo con auga e outro con aire.
- Prendemos unha candea e cronometramos o tempo en que tarda en estoupar cada un dos globos.


Cuestión 1
Describe:
a) Que é o que ocorreu con cada un dos globos?
b) Cal cres que é a explicación dos resultados?
Cuestión 2
Analiza:
a) Que diferenzas existen entre o clima de Galicia e o de Madrid?
b) Cres que isto garda algunha relación con esta miniexperiencia?

Como ves, as miniexperiencias serven para levar á práctica e comprobar os contidos que estudaches.