Saltar navegación

4.1. Evaporando dúbidas

Buscar información fiable

Antes de desmontar calquera boato, primeiro temos que identificalo e localizar fontes de información fiables que nos axuden a comprobar a súa veracidade.

Así, para dar comezo ao voso reto, seguiredes estes pasos:

Paso 1

Pictograma dunha lupa Identificar falsas crenzas espalladas entre a poboación

Buscaredes boatos sobre o cambio climático en redes sociais, novas ou conversas.

Paso 2

Interrogante Buscar información fiable sobre o tema

Investigaredes en fontes científicas e anotaredes os datos clave que refuten cada un deles.

Paso 3

Pictograma dunha anotación Anotar as fontes de información

Gardaredes as referencias das fontes para poder citalas máis adiante.

Como distinguimos entre unha "fonte de información fiable" e outra que non o é?

Cando buscamos información sobre un tema importante, como o cambio climático, debemos asegurarnos de que provén dunha fonte fiable. Pero... que significa iso?

Unha fonte de información fiable é aquela que proporciona datos baseados en estudos científicos e investigacións rigorosas. Estas fontes deben ser obxectivas, estar actualizadas e indicar claramente de onde saen os seus datos.

Son exemplos de fontes fiables:

Organismos científicos internacionais

Reúnen especialistas de todo o mundo e basean as súas conclusións en datos rigorosos e continuas revisións.

Exemplos:

  • ONU (Organización das Nacións Unidas)
  • OMS (Organización Mundial da Saúde)
  • IPCC (Grupo Intergubernamental de Persoas Expertas sobre o Cambio Climático)
  • ESA (Axencia Espacial Europea)
  • NASA (Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo)

Revistas e medios de comunicación científica

Ofrecen información baseada en estudos revisados por persoas expertas, garantindo rigor e obxectividade.

Exemplos:

  • Nature
  • Science
  • National Geographic
  • Climática

Centros de investigación e outras entidades científicas

Realizan estudos e experimentos para avanzar no coñecemento, sendo referentes en innovación e descubrimentos.

Exemplos:

  • CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas)
  • AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía)

Non toda a información que atopamos en Internet ou nas redes sociais é certa.

Son exemplos de fontes pouco fiables:

Como saber se unha fonte de información é fiable?

Para comprobar se unha fonte é fiable ou non, podes empregar a seguinte rúbrica:

Verificación da fiabilidade dunha fonte de información
Criterio Si Non
A información provén dunha institución recoñecida
Explícase claramente a orixe dos datos
A autoría corresponde a unha persoa experta no tema
Está actualizada

Se todas as respostas son "Si", é unha boa fonte! Se algunha é "Non", mellor buscar outra fonte máis segura.

Identificar a fiabilidade dunha fonte de información axúdanos a informarnos mellor, evitando caer en noticias falsas ou boatos!

Lectura facilitada

Cando buscamos información sobre algo importante, como o cambio climático, é importante que veña de fontes fiables.

Fontes fiables:

Organismos científicos

Grupos que traballan con persoas expertas e datos reais.

Exemplos:

  • ONU (Organización das Nacións Unidas)
  • OMS (Organización Mundial da Saúde)
  • IPCC (Grupo Intergubernamental de Persoas Expertas sobre o Cambio Climático)
  • ESA (Axencia Espacial Europea)
  • NASA (Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo)

Revistas e medios científicos

Xornais ou revistas que revisan correctamente os datos.

Exemplos:

  • Nature
  • Science
  • National Geographic
  • Climática

Centros de investigación

Facer estudos e descubrir novas cousas.

Exemplos:

  • CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas)
  • AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía)

Fontes pouco fiables:

Como saber se a fonte é fiable? 

Para comprobar se unha fonte é fiable ou non, podes empregar a seguinte rúbrica:

Verificación da fiabilidade dunha fonte de información
Criterio Si Non
Vén dunha institución recoñecida?
Explica de onde saen os datos?
A persoa que a escribiu é experta no tema?
Está actualizada?

Se as respostas son "Si", é unha boa fonte! Se non, mellor busca outra fonte.

Nivel profesional!

Convertédevos en profesionais de verdade: consultade fontes de confianza.

Para ser auténticas e auténticos profesionais na vosa área de estudo, é fundamental basear o voso coñecemento en información rigorosa e actualizada. Por iso, recomendámosvos que consultedes fontes de prestixio con base científica. Existen numerosas plataformas en liña que vos permitirán acceder a artigos, estudos e investigacións contrastadas.

Algunhas webs de referencia son:

Antes de aceptar unha información como válida, verificade sempre a súa orixe e asegurádevos de que procede dunha fonte fiable. Así, poderedes mellorar a vosa formación e convertervos en verdadeiras profesionais do voso ámbito.

Lectura facilitada

Convertédevos en profesionais: consultade fontes de confianza.

Para ser persoas expertas no que estudades, é importante usar información correcta e actualizada.

Buscade fontes de confianza que teñan base científica.

Hai moitas webs onde podedes ler artigos e investigacións fiables.

Algunhas páxinas recomendadas son:

Antes de aceptar calquera información, comprobade se vén dunha boa fonte. Así melloraredes o voso coñecemento e faredes un bo traballo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)