Científicas con sona
Moitas mulleres no mundo loitan por un futuro mellor! Gustaríache ser coma elas?
Penny Chisholm
Quen é?
Unha bióloga mariña e oceanógrafa, investigadora do MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts).
É unha científica que...
Descubriu que hai cianobacterias no medio mariño que empregan moita máis cantidade de CO2 da que se pensaba para realizar a fotosíntese.
María José Sanz
Quen é?
Doutora en Bioloxía, é a directora científica do BC3 - Centro Vasco para o Cambio Climático.
É unha científica que...
Estuda os efectos da contaminación atmosférica sobre a vexetación e asesora sobre políticas de loita contra o cambio climático. É a primeira muller española en formar parte da Mesa do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), creado pola ONU.
Lectura facilitada
Moitas mulleres no mundo loitan por un futuro mellor!
Gustaríache ser coma elas?
Penny Chisholm
Quen é?
Unha bióloga mariña e oceanógrafa, investigadora do MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts).
É unha científica que...
Descubriu que existen cianobacterias no mar que absorben moito máis CO₂ do que se pensaba para facer a fotosíntese.
María José Sanz
Quen é?
Doutora en Bioloxía, é a directora científica do BC3 - Centro Vasco para o Cambio Climático.
É unha científica que...
Estuda como a contaminación afecta á vexetación e asesora en políticas contra o cambio climático. Foi a primeira muller española na Mesa do IPCC, o grupo de persoas expertas da ONU sobre o cambio climático.
Como ves, as científicas traballan arreo para que a sociedade avance e o noso mundo sexa un lugar mellor.