Saltar navegación

1.2. Cal é o noso reto?

 

Glosario

Negacionismo do cambio climático

Manifestación polo clima coa pancarta que di

Definición:

Ideas falsas que negan ou minimizan o cambio climático, a pesar de que a ciencia demostra que se trata dun problema real de graves consecuencias.

Exemplo:

Malia a existencia de probas científicas, algunhas persoas cren en mitos negacionistas que afirman que o cambio climático non existe.

O noso reto

O reto consiste en desmontar os mitos negacionistas sobre o cambio climático mediante a investigación en fontes fiables e a creación dunha infografía, póster ou tríptico que expoña de forma clara a verdade científica. Culminará cunha presentación aberta á comunidade educativa para sensibilizar sobre a crise climática.

Manifestantes en Melbourne cunha pancarta en inglés: Non hai planeta B

Lectura facilitada

O reto consiste en desmontar mitos sobre o cambio climático.

Para iso, investigaredes fontes fiables e crearede unha infografía, un póster ou un tríptico.

O obxectivo é explicar, de forma clara, a verdade científica.

Finalmente, presentaredes o voso traballo á comunidade educativa para sensibilizar sobre a crise climática. 

Como conseguir o reto?

Pictograma dun estudante expoñendo o seu reto mediante unha infografía

Para superar o reto, cada equipo debe organizar as tarefas de investigación, deseño e presentación do traballo.

Disporedes de recursos con información científica que debedes analizar e, despois, decidiredes que ferramentas empregar para crear o voso póster, infografía ou tríptico.

Lectura facilitada

Para superar o reto, cada equipo debe organizar as tarefas de investigación, deseño e presentación.

Teredes recursos con información científica que debedes analizar.

Despois, elixiredes as ferramentas para crear o voso póster, infografía ou tríptico.

Que acadarás co reto

  • Analizar información científica e desenvolver o pensamento crítico.
  • Potenciar habilidades de traballo en equipo e fomentar a creatividade.
  • Mellorar a comunicación de ideas de forma efectiva.
  • Contribuír á sensibilización sobre a crise climática.

Lectura facilitada

  • Analizar información científica e desenvolver o pensamento crítico.
  • Traballar en equipo e fomentar a creatividade.
  • Aprender a comunicar ideas de forma clara.
  • Axudar a concienciar sobre a crise climática.

Diario de aprendizaxe

Icona representativa do Diario de aprendizaxe do proxecto cREAgalAccede ao teu diario de aprendizaxe e reflexiona: Por que queres buscar unha solución ao cambio climático? 

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)