Difundindo o noso proxecto
Por último, só faltaría dar visibilidade ao voso traballo, a través dalgunha das seguintes opcións:
Opción 1
Realizar unha presentación na aula
A primeira opción para compartir o voso coñecemento é presentar os traballos na aula, para aprender de xeito conxunto.
Opción 2
Organizar unha exposición no centro educativo
Tamén podedes expoñer os vosos traballos no centro educativo, nalgún lugar de exposición ou nun corredor onde estean ben visibles. Outra opción é imprimir os documentos, por exemplo os trípticos, para repartilos entre o profesorado e alumnado.
Opción 3
Impartir unha conferencia para a comunidade escolar
Por último, poderiades organizar unha pequena conferencia onde trasladar ao resto da comunidade educativa a situación real do cambio climático, ao tempo que desmentides todos os boatos que previamente identificastes.
Deste xeito, non só aprendemos sobre o cambio climático e a información científica, senón que tamén aprendemos a comunicar mellor e a traballar en equipo, ao tempo que nos convertemos en persoas defensoras do planeta.
Como ves, os boatos representan un gran problema para a nosa sociedade.