Saltar navegación

4.2. Condensando ideas

Seleccionar a información de interese

Despois de atopar a información que dá resposta ás vosas preguntas, continuaredes do seguinte xeito:

Paso 4

Icona de resumo  Elaborar a resposta a cada boato

Seleccionade os datos de interese, organizádeos e redactade un parágrafo claro que refute cada boato.

Paso 5

Pictograma de póster Decidir o formato de presentación

Escollede o formato de presentación do voso traballo (póster, infografía ou tríptico). Tedes varios exemplos no apartado 4. Fóra boatos!

Paso 6

Pictograma de traballar Crear o produto final

Deseñade e creade o voso proxecto, asegurándovos de incluír:

  • Título
  • Imaxes
  • Referencia ás fontes de información
  • Autoría
  • Un deseño claro e atractivo

Chequéome

Esta lista de cotexo axudarache no teu reto.

Criterio Si Non
Identifiquei polo menos un boato ou crenza falsa sobre o cambio climático.
Consultei fontes científicas de confianza para verificar a veracidade da información.
Analicei os argumentos científicos que desmenten o boato seleccionado.
Redactei unha explicación clara e baseada en datos verificables.
Utilicei unha linguaxe accesible para que o público xeral comprenda a información.
Seleccionei un formato adecuado (póster, infografía ou tríptico) para a divulgación.
Organicei a información de maneira visualmente atractiva e comprensible.
Incluín referencias ás fontes utilizadas para reforzar a credibilidade do traballo.
Revisei e corrixín o meu traballo para evitar erros de contido ou de presentación.
Participei na difusión do documento dentro da comunidade educativa.

Lectura facilitada

Esta lista de cotexo axudarache no teu reto.

Criterio Si Non
Atopei polo menos un boato sobre o cambio climático.
Consultei fontes científicas para ver se era certo.
Analicei os argumentos que desmenten o boato.
Escribín unha explicación clara e baseada en datos reais.
Usei unha linguaxe sinxela para que todo o mundo a entenda.
Elixín un formato (póster, infografía ou tríptico) adecuado.
Organicei a información para que se entenda ben e sexa atractiva.
Incluín as referencias das fontes para dar credibilidade.
Revisei e corrixín o traballo para evitar erros.
Participei na difusión do documento na comunidade educativa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)