Saltar navegación

Miniexperiencias

Miniexperiencia 1: O aire ten masa?

Globos cheos de aire pendurados nunha percha

Para comprobar se o aire ten masa, imos construír unha balanza cunha percha, fío e dous globos.

  1. Inflade os dous globos ata que teñan un tamaño semellante.
  2. Atade cada globo a un dos extremos da percha cun fío.
  3. Suspendede a percha por un punto de apoio e equilibrádea ata que quede paralela ao chan.
  4. Estourade un dos globos cun obxecto punzante e observade que acontece coa balanza.

Que conclusións podedes sacar deste experimento?

Cuestión 1

Cara onde pensabades que se inclinaría a percha?

Cuestión 2

Explica coas túas palabras os resultados desta miniexperiencia.

Lectura facilitada

Globos cheos de aire pendurados nunha percha

Comprobamos que o aire ten masa!

Imos facer unha balanza caseira cunha percha, fío e dous globos para comprobar que o aire pesa. 

  1. Inchade dous globos ata que sexan case iguais en tamaño.
  2. Atade cada globo a un extremo da percha cun fío.
  3. Colgade a percha dun punto de apoio e axustádea ata que quede recta, paralela ao chan.
  4. Estourade un dos globos cun obxecto punzante e mirade que pasa coa balanza.

Que conclusións podedes sacar deste experimento?

Cuestión 1

Antes de estourar o globo, cara onde pensabades que se ía inclinar a percha?

Cuestión 2

Explica coas túas palabras o que pasou e por que cres que ocorreu así.

Miniexperiencia 2: Cal é a masa do aire?

Para demostrar que o aire ten masa, seguides estes pasos:

  1. Collede unha botella de plástico baleira, pesádea cunha báscula e anotade o resultado.
  2. Extraede o máximo aire posible do seu interior, esmagándoa ata reducir o seu tamaño ao mínimo.
  3. Pesádea de novo e rexistrade a nova medición.

Comparade os valores obtidos e reflexionade sobre a diferenza de masa.

Botella chea de aire sobre unha balanza de laboratorio
Botella aplastada sobre unha balanza de laboratorio

Cuestión 1

Pensabades que o peso da botella en ambas as situacións sería igual ou diferente?

Cuestión 2

Explica coas túas palabras os resultados desta miniexperiencia.

Lectura facilitada

O aire pesa! 

Imos comprobar que o aire ten masa cun experimento sinxelo. 

  1. Collede unha botella de plástico baleira, pesádea cunha báscula e anotade o peso.
  2. Quitade o máximo aire posible do seu interior, esmagándoa ata facela o máis pequena posible.
  3. Pesádea de novo e escribide o novo resultado.

Agora comparade os dous valores e pensade por que cambiou a masa. 

Botella chea de aire sobre unha balanza de laboratorio
Botella aplastada sobre unha balanza de laboratorio

Cuestión 1

Antes de facer o experimento, criades que a botella pesaría o mesmo nas dúas situacións ou que habería diferenza? 

Cuestión 2

Explica coas túas palabras que pasou e por que cres que ocorreu así.

Diario de aprendizaxe

Icona representativa do Diario de aprendizaxe do proxecto cREAgalComo ves, as miniexperiencias serven para levar á práctica e comprobar os contidos que estudaches.

Escolle a miniexperiencia que máis che gustou, accede ao teu diario de aprendizaxe e reflexiona sobre a importancia da experimentación na ciencia.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)