Glosario
Boato
-
Definición:
-
Información falsa que se difunde rapidamente e que confunde á poboación xeral sobre un determinado tema.
-
Exemplo:
-
É importante non crer en boatos sobre o cambio climático sen antes verificar a información.
Desinformación
-
Definición:
-
Difusión intencionada de información falsa ou enganosa, que busca confundir ou manipular a opinión pública.
-
Exemplo:
-
A desinformación dificulta a posta en marcha de medidas protectoras do medio ambiente.
Infografía
-
Definición:
-
Representación gráfica que combina texto e imaxes para expoñer información de forma clara e sinxela.
-
Exemplo:
-
Esta infografía resume de forma clara os tipos de enerxía.
Información científica
-
Definición:
-
Conxunto de datos e coñecementos obtidos mediante experimentos e investigación, baseados en probas reais e comprobados por persoas expertas, que axudan a entender como funciona o mundo.
-
Exemplo:
-
A información científica sobre o medio ambiente é importante para comprender como protexer a natureza.
Tríptico
-
Definición:
-
Folleto dobrado en tres partes que serve para explicar información dun xeito sinxelo e visual.
-
Exemplo:
-
Este tríptico mostra as consecuencias do cambio climático.
