Saltar navegación

2.2. Estás pingando!

 

Glosario

Auga subterránea

Pictograma dun acuífero

Definición:

Auga do subsolo que procede da infiltración das precipitacións ou do desxeo.

Exemplo:

A auga subterránea almacénase e transmítese nos acuíferos.

Glaciar de casquete ou indlandsis

Capa de xeo durante unha expedición a Groenlandia

Definición:

Masas de xeo moi extensas e que poden acadar quilómetros de espesor.

Exemplo:

A maior parte de Groenlandia e da Antártida están cubertas por indlandsis.

Permafrost

Perfil do permafrost na costa da illa deHerschel (Canadá)

Definición:

Tipo de solo de rexións moi frías que permanece conxelado, excepto a zona máis superficial na que pode haber ciclos de xeo e desxeo. 

Exemplo:

O permafrost en Siberia pode chegar a varios centenares de metros de profundidade.

A hidrosfera

A hidrosfera é o conxunto de toda a auga que hai na Terra, en calquera dos seus tres estados: sólido, líquido e gasoso. Ten en conta que o volume total é de aproximadamente 1.386.000.000 km3.

Seguramente, xa coñezas que practicamente tres cuartas partes da superficie do planeta están cubertas por auga pero, en que lugares podemos atopala?

Lectura facilitada

A hidrosfera é toda a auga da Terra. Pode estar en estado sólido, líquido ou gasoso.

O seu volume total é duns 1.386.000.000 km³.

A auga cobre case tres cuartas partes da superficie do planeta. Pero, onde a podemos atopar?

Desconecta!

Duración:
10:00
Agrupamento:
2-4 persoas

En grupos de aprendizaxe cooperativa, ordenade os lugares onde se distribúe a auga na Terra.

Diagrama de barras coa distribución da auga na Terra, en porcentaxe

Feito con eXeLearning (Nova xanela)