Saltar navegación

5. Glosario

A

  

 

  • Adobe

 

Ladrillo feito cunha mestura de palla e barro cocida ao sol.

 

  • Agricultura de subsistencia

 

Tipo de agricultura que proporciona exclusivamente produtos para a alimentación humana, e en especial a que serve para o autoabastecemento do agricultor.

  • Asemblea
 

Conxunto de persoas que se reúnen para tratar algún fin.

C


 

 

 

 

 

 

 

  • Cidade-Estado

 

Cidade soberana, é dicir, politicamente independente.

 

 

  • Clases sociais

 

 

 

Distintos grupos de persoas que se definen polo lugar que ocupan nas estruturas económicas, de poder e de prestixio dentro da sociedade á que pertencen. Cada clase diferénciase das outras pola riqueza que posúe e polo grao de poder económico e político que exerce.

 

  • Cultura

 

 

Conxunto de ideas, costumes, ciencias, artes, lingua, coñecementos, leis, moral e relixión que caracterizan un grupo social. É a única característica propia da especie humana.

 

 

E

 

 
  • Estado

 

Territorio no que se recoñece a autoridade suprema dun goberno que dirixe, organiza, controla e administra a vida de todos os habitantes. Outras funcións son o mantemento da paz interior e a defensa contra a agresión exterior a través do control exclusivo do uso da forza (o exército).

F

 
  • Fósiles

 

 

 

Restos de materia orgánica antiga que se conservaron enterrados e petrificados en capas máis ou menos profundas da codia terrestre.

 

 

H

 

 

  • Hominización

 

Proceso evolutivo polo que os primates se converteron en humanos.

 

I

  • Ideoloxía

 

Conxunto de ideas fundamentais que forman parte do pensamento dunha persoa, dun conxunto delas, dunha época ou de movementos políticos, culturais ou relixiosos.

 

M

  

 

  • Musulmán

 

Crente seguidor do islamismo.

O

  • Oligarquía

 

Goberno exercido por un grupo reducido de persoas pertencentes ás clases altas e ricas da sociedade.

P

  • Politeísta

 

Relixión que admite varios deuses. Cando posúe un só deus recibe o nome de monoteísta.

 

 

R

 

 

 

  • Revolución

 

Cambio rápido e brusco que se dá nunha sociedade, e que trae cambios profundos na economía, na sociedade, na política e na cultura, aparecendo despois unha sociedade radicalmente distinta á anterior.

  • Reconquista

 

Recuperación, por parte dos cristiáns, dos territorios da Península Ibérica ocupados polos musulmáns.

 

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0