4. Exercicios de autoavaliación
1. Que diferencia os seres humanos dos primates?
A posición bípede e a maior capacidade cranial.
A menor capacidade cranial e a fabricación de ferramentas.
A posición cuadrúpede e a alta capacidade cranial.
A posición bípede e a incapacidade para a linguaxe.
2. No Neolítico...
Practicábase unha economía depredadora.
A poboación era nómade.
As aldeas eran autosuficientes.
Tallábase a pedra.
3. Por que a revolución urbana do Crecente Fértil é a base da nosa organización social actual?
Aparecen as clases sociais e créase o Estado.
Créase o Estado e non existen as clases sociais.
Aparecen as clases sociais e non existen conflitos bélicos.
Créase o Estado e respéctanse os dereitos humanos.
4. O sistema democrático de Atenas, era como os actuais?
Si, porque nel participaban todos os cidadáns e as cidadás maiores de idade.
Non, porque estaban excluídas as mulleres.
Non, porque estaban excluídos os escravos.
Non, porque estaban excluídos as mulleres, os estranxeiros e os escravos.
5. Por que se afirma que a República romana era máis unha oligarquía que unha democracia?
Porque o rei gobernaba cun poder absoluto.
Porque calquera podía ser maxistrado ou senador.
Porque para ser elixido maxistrado había que ser rico.
Porque o emperador concentraba nas súas mans todo o poder.
6. Con respecto ao Islam, é certo que...
É unha relixión politeísta.
Ademais dunha relixión, é un código de conduta.
A Biblia é o seu libro sagrado.
Significa "liberdade para obrar".
7. Que afirmación referida a Al-Andalus non é correcta?
A conquista da Península Ibérica por parte dos musulmáns foi rápida.
Os musulmáns impedían a práctica doutras relixións, aínda pagando tributos.
Os musulmáns introduciron as laranxas, o arroz e o algodón.
A cultura grega chegou ata nós grazas ao labor cultural dos árabes musulmáns.
8. Durante a época feudal o poder dos reis debilitouse porque...
Non podían protexer a poboación nin cobrar impostos nin manter un exército.
O seu poder pasou aos musulmáns e aos normandos.
Non se debilitou; exerceron un poder absoluto.
O exercían os burgueses.
9. Nas cidades medievais...
Os nobres que vivían nelas chamábanse burgueses.
Os artesáns dun mesmo oficio agrupábanse en asociacións chamadas concellos.
Os burgueses apoiaban economicamente aos reis.
As catedrais de nova construción eran de estilo románico.
10. Na Idade Media, Galicia...
Era un reino tan salientable como os de Castela e Aragón.
Foi ocupada na súa totalidade polos musulmáns.
Non tivo conflitos entre nobres e campesiños.
Estivo moi influída polo poder da Igrexa.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0