2.3.2 O imperio de Carlomagno
Os francos, outro pobo xermánico, ocuparon un territorio equivalente ao que hoxe é Francia, os Países Baixos, Bélxica, Alemaña, Suíza e parte de Italia.
No ano 800, Carlomagno, rei dos francos xa cristianizado, foi coroado emperador polo Papa, convertendo o seu reino no Imperio romano xermánico, un intento de unir a tradición do Imperio Romano cos pobos xermánicos e a Igrexa cristiá, converténdose nun dos principais freos da expansión musulmá por Europa.
Para poder controlar un territorio tan extenso, dividiuno en provincias, chamadas condados e marquesados, á fronte das cales puxo condes e marqueses, que dependían da súa autoridade. O imperio foi finalmente dividido entre os seus netos.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0